VOD(k)AVIL
About this production
Vodevil de Ocupando Espazos, de Moaña, a partir de textos de María Armesto e Paula Carballeira e dirixido por Fran Paredes. Ao redor dunha voda chea de dúbidas, os brindis, regados con vodka, comentan a condición das mulleres nun mundo gobernado por electrodomésticos de deseño. Estreouse na Sala Celso Parada do Centro Sociocultural Daniel Castelao.